Leite Frito

LEITE FRITO

INGREDIENTES (para 4 persoas)
– Medio litro de leite.
– 100 gramos de azucre para leite frita e 2 culleres grandes para rebozala.
– 40 gramos de maicena para a leite frita e un pouco máis para rebozar.
– Casca de limón: 1 anaco de 1 dedo de longo.
– Canela en rama: 1 anaco de 1 dedo de longo.
– Canela en polvo: media culler pequena para rebozar a leite frita.
– 1 ovo para rebozar.
– Aceite de oliva moi suave.
RECEITA
Pon a metade da leite nunha ola coa canela en rama e a casca de limón. Garda o resto
do leite.
Pon a lume medio-alto e deixa que vaia alcanzando a temperatura ata que estea a punto
de ferver. Entón, aparta a ola e apaga o lume.
Fóra do lume tapa a ola e deixa o leite coa canela e o limón durante 20 minutos.
Cando pasen os 20 minutos, retira a canela en rama e o limón. Pasa a mestura a través
dun coador a outra ola limpa, engade o azucre, pon a lume medio-baixo e mestura ben.
Saca o leite gardado (a metade que nos quedaba) e disolve nela a maicena. Cando esté
ben disolta, engádea á ola co leite quente.
Agora remexemos a mestura continuamente a lume medio-baixo ata que espese.
Se subes o lume espesará moi rapidamente pero o leite frito terá demasiado sabor a
fariña. O mellor é poñer a ola a lume medio-baixo e deixar que a fariña vaia cocendo
pouco a pouco e que vaia perdendo o sabor.
Dependendo da temperatura do lume, espesar o leite levarache entre 20 e 40 minutos.
Para saber cando o leite frito está no seu punto, inclina a ola cara un lado e empuxa todo
o leite cara ese mesmo lado. Despois pon a ola en horizontal e fíxate en como se
despraza o leite. Se non se move ou se move pouquiño, o leite estará listo.
Cando o leite estea espeso, colle un molde e úntao cun pouco de aceite. Despois, bota a
mestura no molde e deixa que enfríe dentro del. Despois tápao e á neveira ata que a
mestura se poña como unha xelatina. Poden pasar entre 2 e 4 horas e canto máis tempo
estea no frío máis dura se porá.
Corta en porcións e pásaa primeiro por fariña e logo en ovo batido. Despois frite os
anacos de leite frito rebozado en aceite ben quente durante 1 minuto, ata que se dore
polos dous lados.
Despois saca o leite frito do aceite e pono nun prato con papel de cociña para que
absorba o exceso de humidade. Noutro prato mesturamos o azucre que tiñamos
reservado, a canela en polvo e imos pasando os anacos de leite frito para que se rebocen
ben na mestura.
E listo!
FONTE: http://javirecetas.hola.com/leche-frita-receta-paso-a-paso/