Galletas con chocolate

chips-ahoy-caseras

INGREDIENTES:
– 1 ovo
– 175 gramos de fariña
– 125 gramos de azucre moreno
– 75 gramos de manteiga
– 100 gramos de pebidas de chocolate
– 1 culler de postre de levadura
– 1/2 culler de postre de bicarbonato
– 1 culler de esencia de vainilla
Prequentamos o forno a 170º, aire arriba e abaixo.
Seguidamente, batimos con moita enerxía a manteiga derretida co azucre e o ovo,
mesturamos a fariña co bicarbonato e a levadura.
Imos engadindo a fariña á nosa mestura anterior e o mesturamos ben. Botamos a esencia
de vainilla e cando se integre ben na mestura poñemos as pebidas de chocolate.
O resultado ten que quedar unha textura moi branda.
A continuación, facemos un cilindro coa masa e imos cortando porcións de 1/2 cm de
espesor, dámoslle forma redondeada e poñémolas nunha bandexa de forno con papel
sulfurizado.
Metémolas no forno 12 minutos a 170º, se che quedan gordiñas, uns minutos máis.
E listo!
FONTE: http://www.recetasdiarias.com/recetas/bolleria-confiteria/chips-ahoy-caseras