Ingredientes para 3-4 persoas:
3/4 de coliflor grande.
400 gr de bacallau magro en salgadura.
2-3 dentes de allo.
pimentón doce.
fariña para rebozar.
aceite de oliva virxe extra
sal
O primeiro é poñer o bacallau en auga 24-36 horas antes, dependendo do grosor das
talladas, e facer uns 3 cambios de auga ao día.
O segundo, cortar a coliflor e cocela ao vapor durante 20 minutos. A textura da coliflor
debe de ser cocida, pero que non se desfaga.
Mentres coce, collemos o bacallau. Enfariñarémolo e dorarémolo nunha tixola con aceite
de oliva.
Poñer as talladas fritidas en papel de cociña para que se absorba a graxa.
Deixamos enfriar un pouco o aceite na tixola ata que a coliflor esté cocida e reservámolo.
Mesturamos o aceite da tixola con aceite fresco ata ter máis ou menos medio vaso. Neste
aceite fritiremos os allos picados.
Unha vez listos botarémoslle unha culler de pimentón. Removemos e deixamos reposar.
Colocamos nunha fonte a coliflor e o bacallau en trozos.
Como servilo? Imos botando culleres de aceite por riba da verdura e o peixe e unha vez
listo pódese comer tal cual ou metelo un pouquiño no forno.
Espero que vos guste tanto como a min!
***Fonte: http://www.mercadocalabajio.com/2012/12/bacalao-con-coliflor-receta-denavidad.
html