AS CROQUETAS DE LUCI

croquetas-de-pollo-y-verduras

 

Se non sabes que facer de comer, tes de todo un pouco na neveira ou sobrouche moita
comida dunha xuntaza familiar, esta é a túa receita:
A base das croquetas é a bechamel e para ela precisaremos:
1/2 litro de aceite,
1 litro de leite,
5 culleres de fariña.
A bechamel prepárase poñendo un pouco de aceite nunha tixola, tostando a fariña e, sen
deixar de remexer, ir engadindo o leite frío ata que quede unha masa ben espesa e sen
grumos.
Agora vexamos que lles podemos engadir dos restos que gardamos para darlle o noso
toque especial ás croquetas:
1. Polo asado e xamón serrano troceados cun pouco de cebola picada.
2. Bonito de lata e pemento vermello asado triturados na batidora.
3. Carne guisada con cenoria e chícharos, todo troceado.
4. Xamón iorque e queixo raiado.
5. Espinacas cocidas trituradas e queixo en porcións.
6. Arroz branco cocido, triturado cunha pouca salsa de tomate e un toque de queixo
raiado.
7. Gambas conxeladas e paliños de surimi, todo cocido, escurrido e troceado.
8. Champiñóns troceados con allo e cebola.
Cando estea mesturada a bechamel cos ingredentes elixidos, hai que darlles forma,
pasalas por fariña, ovo e pan raiado, e fritilas.
****Fonte: http://cocina.ahorro.net/2012/08/20/croquetas-de-restos