by luci | Abr 7, 2014 | comidas, receitas
Ingredientes para 3-4 persoas: 3/4 de coliflor grande. 400 gr de bacallau magro en salgadura. 2-3 dentes de allo. pimentón doce. fariña para rebozar. aceite de oliva virxe extra sal O primeiro é poñer o bacallau en auga 24-36 horas antes, dependendo do grosor das talladas, e facer uns 3 cambios de auga ao día. O segundo, cortar a coliflor e cocela ao vapor durante 20 minutos. A textura da coliflor debe de ser cocida, pero que non se desfaga. Mentres coce, collemos o bacallau. Enfariñarémolo e dorarémolo nunha tixola con aceite de oliva. Poñer as talladas fritidas en papel de cociña para que se absorba a graxa. Deixamos enfriar un pouco o aceite na tixola ata que a coliflor esté cocida e reservámolo. Mesturamos o aceite da tixola con aceite fresco ata ter máis ou menos medio vaso. Neste aceite fritiremos os allos picados. Unha vez listos botarémoslle unha culler de pimentón. Removemos e deixamos reposar. Colocamos nunha fonte a coliflor e o bacallau en trozos. Como servilo? Imos botando culleres de aceite por riba da verdura e o peixe e unha vez listo pódese comer tal cual ou metelo un pouquiño no forno. Espero que vos guste tanto como a min! ***Fonte: http://www.mercadocalabajio.com/2012/12/bacalao-con-coliflor-receta-denavidad....
by luci | Abr 7, 2014 | postres, receitas
INGREDIENTES: – 1 ovo – 175 gramos de fariña – 125 gramos de azucre moreno – 75 gramos de manteiga – 100 gramos de pebidas de chocolate – 1 culler de postre de levadura – 1/2 culler de postre de bicarbonato – 1 culler de esencia de vainilla Prequentamos o forno a 170º, aire arriba e abaixo. Seguidamente, batimos con moita enerxía a manteiga derretida co azucre e o ovo, mesturamos a fariña co bicarbonato e a levadura. Imos engadindo a fariña á nosa mestura anterior e o mesturamos ben. Botamos a esencia de vainilla e cando se integre ben na mestura poñemos as pebidas de chocolate. O resultado ten que quedar unha textura moi branda. A continuación, facemos un cilindro coa masa e imos cortando porcións de 1/2 cm de espesor, dámoslle forma redondeada e poñémolas nunha bandexa de forno con papel sulfurizado. Metémolas no forno 12 minutos a 170º, se che quedan gordiñas, uns minutos máis. E listo! FONTE:...
by luci | Abr 7, 2014 | postres, receitas
INGREDIENTES (para 4 persoas) – Medio litro de leite. – 100 gramos de azucre para leite frita e 2 culleres grandes para rebozala. – 40 gramos de maicena para a leite frita e un pouco máis para rebozar. – Casca de limón: 1 anaco de 1 dedo de longo. – Canela en rama: 1 anaco de 1 dedo de longo. – Canela en polvo: media culler pequena para rebozar a leite frita. – 1 ovo para rebozar. – Aceite de oliva moi suave. RECEITA Pon a metade da leite nunha ola coa canela en rama e a casca de limón. Garda o resto do leite. Pon a lume medio-alto e deixa que vaia alcanzando a temperatura ata que estea a punto de ferver. Entón, aparta a ola e apaga o lume. Fóra do lume tapa a ola e deixa o leite coa canela e o limón durante 20 minutos. Cando pasen os 20 minutos, retira a canela en rama e o limón. Pasa a mestura a través dun coador a outra ola limpa, engade o azucre, pon a lume medio-baixo e mestura ben. Saca o leite gardado (a metade que nos quedaba) e disolve nela a maicena. Cando esté ben disolta, engádea á ola co leite quente. Agora remexemos a mestura continuamente a lume medio-baixo ata que espese. Se subes o lume espesará moi rapidamente pero o leite frito terá demasiado sabor a fariña. O mellor é poñer a ola a lume medio-baixo e deixar que a fariña vaia cocendo pouco a pouco e que vaia perdendo o sabor. Dependendo da temperatura do lume, espesar o leite levarache entre...
by luci | Ene 10, 2014 | comidas, receitas
Se non sabes que facer de comer, tes de todo un pouco na neveira ou sobrouche moita comida dunha xuntaza familiar, esta é a túa receita: A base das croquetas é a bechamel e para ela precisaremos: 1/2 litro de aceite, 1 litro de leite, 5 culleres de fariña. A bechamel prepárase poñendo un pouco de aceite nunha tixola, tostando a fariña e, sen deixar de remexer, ir engadindo o leite frío ata que quede unha masa ben espesa e sen grumos. Agora vexamos que lles podemos engadir dos restos que gardamos para darlle o noso toque especial ás croquetas: 1. Polo asado e xamón serrano troceados cun pouco de cebola picada. 2. Bonito de lata e pemento vermello asado triturados na batidora. 3. Carne guisada con cenoria e chícharos, todo troceado. 4. Xamón iorque e queixo raiado. 5. Espinacas cocidas trituradas e queixo en porcións. 6. Arroz branco cocido, triturado cunha pouca salsa de tomate e un toque de queixo raiado. 7. Gambas conxeladas e paliños de surimi, todo cocido, escurrido e troceado. 8. Champiñóns troceados con allo e cebola. Cando estea mesturada a bechamel cos ingredentes elixidos, hai que darlles forma, pasalas por fariña, ovo e pan raiado, e fritilas. ****Fonte:...