BACALLAU CON COLIFLOR: a receita estrela de Luci

BACALLAU CON COLIFLOR: a receita estrela de Luci

  Ingredientes para 3-4 persoas: 3/4 de coliflor grande. 400 gr de bacallau magro en salgadura. 2-3 dentes de allo. pimentón doce. fariña para rebozar. aceite de oliva virxe extra sal O primeiro é poñer o bacallau en auga 24-36 horas antes, dependendo do grosor das talladas, e facer uns 3 cambios de auga ao día. O segundo, cortar a coliflor e cocela ao vapor durante 20 minutos. A textura da coliflor debe de ser cocida, pero que non se desfaga. Mentres coce, collemos o bacallau. Enfariñarémolo e dorarémolo nunha tixola con aceite de oliva. Poñer as talladas fritidas en papel de cociña para que se absorba a graxa. Deixamos enfriar un pouco o aceite na tixola ata que a coliflor esté cocida e reservámolo. Mesturamos o aceite da tixola con aceite fresco ata ter máis ou menos medio vaso. Neste aceite fritiremos os allos picados. Unha vez listos botarémoslle unha culler de pimentón. Removemos e deixamos reposar. Colocamos nunha fonte a coliflor e o bacallau en trozos. Como servilo? Imos botando culleres de aceite por riba da verdura e o peixe e unha vez listo pódese comer tal cual ou metelo un pouquiño no forno. Espero que vos guste tanto como a min! ***Fonte: http://www.mercadocalabajio.com/2012/12/bacalao-con-coliflor-receta-denavidad....
AS CROQUETAS DE LUCI

AS CROQUETAS DE LUCI

  Se non sabes que facer de comer, tes de todo un pouco na neveira ou sobrouche moita comida dunha xuntaza familiar, esta é a túa receita: A base das croquetas é a bechamel e para ela precisaremos: 1/2 litro de aceite, 1 litro de leite, 5 culleres de fariña. A bechamel prepárase poñendo un pouco de aceite nunha tixola, tostando a fariña e, sen deixar de remexer, ir engadindo o leite frío ata que quede unha masa ben espesa e sen grumos. Agora vexamos que lles podemos engadir dos restos que gardamos para darlle o noso toque especial ás croquetas: 1. Polo asado e xamón serrano troceados cun pouco de cebola picada. 2. Bonito de lata e pemento vermello asado triturados na batidora. 3. Carne guisada con cenoria e chícharos, todo troceado. 4. Xamón iorque e queixo raiado. 5. Espinacas cocidas trituradas e queixo en porcións. 6. Arroz branco cocido, triturado cunha pouca salsa de tomate e un toque de queixo raiado. 7. Gambas conxeladas e paliños de surimi, todo cocido, escurrido e troceado. 8. Champiñóns troceados con allo e cebola. Cando estea mesturada a bechamel cos ingredentes elixidos, hai que darlles forma, pasalas por fariña, ovo e pan raiado, e fritilas. ****Fonte:...