Capítulo 0 Difuminados

Luci, non pode crer o que oe cando o seu marido nun restaurante diante de todo o mundo lle di que se quere separar. Téñense que enfrontar ao trago de contarse ao seu fillo Hadrián de 10 anos, pero as cousas non saen como esperan.

Capítulo 1 De relax con Mamá

A nai de Luci aparece por sorpresa na casa da filla cun agasallo: unha fin de semana de relax nun spa para Luci e máis Berto. Soledad aínda non sabe que a súa filla e mailo seu xenro están separados, así que toma unha decisión (ou venganza): disfrutará ela mesma do Spa, con Luci.

Capítulo 2 Vandalismo

Tras traballar ata tarde o día anterior arranxando un parterre, Luci atópase un triste panorama: botellas, vasos e un rapaz durmindo encima del. Kevin, que a coñecía de cando era pequeno, vai días despois ao traballo de Luci a pedirlle disculpas… ou iso é o que parece.

Capítulo 3 Algo no motor

Luci ten que pasar por primeira vez a ITV. Convencida de que todo vai de marabilla, sorpréndese ao ver que só lle permiten utilizar o coche para ir da ITV ao taller e do taller á ITV. Pero o peor aínda está por chegar cando coñece ao dono do taller, Topi.  

Capítulo 4 Regalos dobres

A relación entre Hadrián e o seu pai, cada vez máis distantes, preocupa a Luci.  Pero a solución que se lle ocorre a Berto non é a que Luci se podería esperar: o pai empeza a mercar a súa confianza con agasallos, moitos e caros agasallos.  

Capítulo 5 Pequeno drama no portal

“A señora da limpeza non limpa ben, ergo é unha porca” é a primeira da guerra de notas que ten lugar no ascensor do edificio de Luci. Entre cabichas baixo os felpudos e unhas gafas de cu de vaso, Luci terá que lidiar coa señora Felicitas e o seu veciño, Arcadio.

Capítulo 6 O novo xefe

Tras a xubilación do seu xefe de toda a vida, Luci e Cosme ven como a chegada do novo, Miguel, revoluciona todo o servizo de mantemento de xardíns. Un novo xefe que lles transmitirá ilusión e boas sensacións… ao principio.  

Capítulo 7 O profe tenme manía

Luci atopa a casa demasiado limpa e a Hadri especialmente colaborativo. A explicación está no calendario: estamos a fin de trimestre. Hadri suspendeu Naturais e bótalle a culpa ao profesor, que lle ten manía. Luci non o cre ata que le o caderno do profesor.

Capítulo 8 luci ligando

O novo camareiro da cafetería á que vai sempre Luci pídelle unha cita. Luci está tan sorprendida coma encantada de que un home lle faga proposicións. Un noivo a estas alturas? Como en toda relación, por ben que empece nunca se sabe como vai rematar.

Capítulo 9 Segundas oportunidades

Berto aparece, por sorpresa, na casa de Luci. Ë noite e vén empapado pola choiva. Semella estar nun mal momento. Pídelle se pode quedar a durmir esa noite na súa casa. Pero esa noite leva a outra e a outra, e Luci comeza a mosquearse. Cando está decidida a botalo, Berto dille que quere volver con ela.

Capítulo 10 Luci no ximnasio

Nin as contracturas, nin a insistencia dos seus amigos e familia convencen a Luci para apuntarse ao ximnasio, pero unha monitora repelente á que non coñece de nada si. E pagando un ano por adiantado. Empeza sen ganas, pero pouco a pouco vaille collendo gustiño ao mundo do deporte.

Capítulo 11 Unha verdade incómoda

Cosme, para desafogar, faille unha confidencia a Luci: ten unha amante. De aí en diante, Cosme está incómodo con Luci, xa que esta sabe o seu gran segredo. Luci só atopa unha solución: compartir con el un segredo igual de importante.

Capítulo 12 Que lle pasa a Hadrián?

Os 14 anos son unha idade difícil. Se non, que llo digan a Luci, que ten que atua que, nunha mesma semana, o seu fillo chegue borracho dúas veces, e cun forte cheiro a tabaco outra. O que Luci non sabe é que Hadri faino todo para impresionar a unha rapaza do seu instituto.

Capítulo 13 Anxos con coliflor

Luci afronta o seu primeiro nadal sen Berto e non o leva moi ben. Ela non é das que se deprimen nesas datas, senón das que lles parece o momento máis entrañable do ano. Polo menos, ata agora. Como será o Nadal coa súa irmá e coa nai?