Capítulo 14 En horas baixas
Miguel, o xefe de Luci e Cosme, anda deprimido: desatende o traballo, séntese fracasado… Luci terá que facer de psicóloga e lidiar cos desaxustes que os ánimos de Miguel lle provocan tanto no traballo coma na súa vida persoal.

Capítulo 15 Moha
Luci ten que facer varias reparacións no piso, así que contrata a Moha, un chapuzas no sentido máis literal da palabra. O problema estala cando o home, de orixe marroquí, empeza a tomarse demasiadas confianzas coa familia e parece que non vai marchar nunca da casa.

Capítulo 16 Hipoteca
Luci está nunha tenda, a piques de mercar un vestido que lle encanta, pero a tarxeta non permite facer ningún pago. Indignada, vai ao banco a protestar por un cobro inesperado na súa conta e descobre que hai un problema: Berto, o seu ex marido, ten grandes plans e, inevitablemente, isto lle vai complicar a vida a Luci.

Capítulo 17 San Xoán
A noite previa a San Xoán, Luci e Cosme saen a dar unha volta e váiselles das mans. Ao día seguinte, con moita resaca, Luci decátase de que ten un chupón no pescozo e non lembra quen llo fixo. Intentando reconstruír a noite, todo apunta a que se enleou con Cosme, pero a sorpresa é moito maior cando descobre quen é o seu ligue.

Capítulo 18 Divorcio
Luci e Berto vanse divorciar. Verónica, a avogada, resulta ser unha persoa un tanto desequilibrada que non lles pon nada fácil o trámite. Ademais, Luci ten que lidiar cos cambios de opinión de última hora de Berto, que ao principio estaba moi colaborativo pero despois non sabe por onde tirar, mentres repasan o que foi o seu matrimonio.


Capítulo 19 Margarida
Celestino, un veciño que actúa como xardineiro espontáneo, cambia ao seu antollo as plantas dun xardín público. Luci e Cosme témense o peor: non é a primeira vez que discuten con alguén así e os veciños sempre gañan a batalla. Aínda que non sexan tan intensos coma Celestino.

Capítulo 20 Pais e fillos
A Hadri róubanlle o móbil no instituto e sabe de sobra quen foi: Xoel, un rapaz maior e abusón. A partir dese momento comeza unha cruzada de actos vandálicos por parte dos dous que remata con Luci falando co pai de Xoel. Entre adultos seguro que o amañan, pero o pai é outra boa peza e xamais admitirá a culpa do seu fillo.

Capítulo 21 Algo no nocello
Luci ten que cambiar as rodas do coche, así que acode ao seu mecánico de confianza: Topi. Xa no taller, Luci atropela a Topi e teñen que ir ao hospital. Topi mancouse e vai ter que coller unha baixa. Pero o que podía quedar nun susto supón un trauma para Luci, que non é quen de conducir de novo.

Capítulo 22 Unha pequena mancha
Berto descobre que ten unha preocupante mancha misteriosa na pel e, como Mon está de viaxe, recorre a Luci. Entre as pesquisas que fai na Internet e a estrafalaria dermatóloga que está a tratar o seu caso, Berto acaba convencido de que lle quedan poucos días de vida.

Capítulo 23 Diñeiro no peto
Hadri quere ir a Londres e visitar ao seu amigo Guille, pero Luci non o deixa. Pon de excusa os cartos pero, en realidade, parécelle que o neno é pequeno de máis. Así que Hadrián buscará a maneira de conseguir o diñeiro pola súa conta, custe o que custe.

Capítulo 24 O retrato
Antes de ser profesor, Berto retratou a Luci espida nun atrevido cadro dela depilándose na ducha. Agora, anos despois, quere recuperar o retrato para amosalo nunha exposición da que Luci non quere saber nada.

Capítulo 25 Queridas veciñas
Luci e Hadri coñecen ás súas novas veciñas, dúas irmás que perfectamente poderían ser Luci e Sole con 30 anos máis. Cando unha delas desaparece en extrañas circunstancias, Hadri non parará ata demostrar que a irmá a asasinou.

Capítulo 26 luci namorada
Luci chega á casa logo dun día de película. Colle o teléfono e comeza a contarlle a Sole o que sucedeu: todo empezou cando esa mañá, accidentalmente, empapou coa mangueira a Arturo, un home do que Luci nada máis velo quedou prendada.

Capítulo 27 hadri ten moza
Hadri botou moza. Sonia é unha rapaza madura, intelixente e responsable. E Luci está encantada de que a rapaza exerza unha influencia tan boa sobre o fillo. Pero, coma todos, Sonia ten o seu lado escuro e Hadri está a piques de coñecelo.

Capítulo 28 O bosque dos poetas
Cando a Luci lle comunican que ten que axudar a plantar a árbore coa que se premia un concurso de poesía, non imaxina que a gañadora do concurso é Mon e que ese día acabará pedíndolle matrimonio a Berto. O problema chega cando a árbore, símbolo do seu amor, empeza a murchar.


Capítulo 29 A aldea de papá
Sole vai visitar a Luci á Coruña. Cando están a punto de saír pola porta para ir de farra, reciben unha chamada. Cos vestidos de festa postos, marchan para a aldea onde pasaron a súa infancia ao enterro do seu tío. Alí as espera o seu misterioso curmán Demetrio.



Capítulo 30 Un romance imprevisto
Soledad aparece un día coma sempre sen avisar na casa da súa filla. A pesar de que Luci non a convida, a nai apúntase á cea de empresa que ten esa noite. A mañá seguinte descobre que Soledad non durmíu na casa, senon con alguén do traballo de Luci.



Capítulo 31 A voda de Berto
Luci entérase de que nuns días casan Berto e Mon. Como noutras tantas vodas, xurden dúbidas de última hora. Co que non contaba Luci era con verse como madriña e envolta nun lío entre eles dous.



Capítulo 32 O fillo pródigo
Volve Kevin, pero esta vez non o atopan durmindo no chan, senon saíndo detrás duns arbustos con traxe e maletín. Está na Coruña por negocios e acaba dándolles un curso a Luci e Cosme. Iso si, tamén se meterá nos seus líos. Segue a ser o de sempre.


Capítulo 33 Luci e Lola
Unha vella amiga da xuventude, Lola, atópase de casualidade con Luci. Bastantes anos despois, Lola segue a ser a mesma pero a vida de Luci cambiou moito e resulta complicado seguirlle o ritmo á que Sole chama “a hippiosa”.



Capítulo 34 Berto LIgando
Berto leva dous meses casado con Mon. E non necesita máis ca unha exalumna guapa que se fixe en el para que esqueza o seu recente matrimonio. Será Luci quen de reconducilo polo bo camiño ou terá que ver como o seu exmarido ten unha nova moza?



Capítulo 35 Aniversario
Hoxe Luci cumpre anos. Espera parabéns, chamadas, abrazos, agasallos… pero remata tomando un café co policía que acaba de multala por ir falando polo móbil no coche. Será verdade que todos se esqueceron do seu aniversario?

