Galletas con chocolate

Galletas con chocolate

INGREDIENTES: – 1 ovo – 175 gramos de fariña – 125 gramos de azucre moreno – 75 gramos de manteiga – 100 gramos de pebidas de chocolate – 1 culler de postre de levadura – 1/2 culler de postre de bicarbonato – 1 culler de esencia de vainilla Prequentamos o forno a 170º, aire arriba e abaixo. Seguidamente, batimos con moita enerxía a manteiga derretida co azucre e o ovo, mesturamos a fariña co bicarbonato e a levadura. Imos engadindo a fariña á nosa mestura anterior e o mesturamos ben. Botamos a esencia de vainilla e cando se integre ben na mestura poñemos as pebidas de chocolate. O resultado ten que quedar unha textura moi branda. A continuación, facemos un cilindro coa masa e imos cortando porcións de 1/2 cm de espesor, dámoslle forma redondeada e poñémolas nunha bandexa de forno con papel sulfurizado. Metémolas no forno 12 minutos a 170º, se che quedan gordiñas, uns minutos máis. E listo! FONTE:...
Leite Frito

Leite Frito

INGREDIENTES (para 4 persoas) – Medio litro de leite. – 100 gramos de azucre para leite frita e 2 culleres grandes para rebozala. – 40 gramos de maicena para a leite frita e un pouco máis para rebozar. – Casca de limón: 1 anaco de 1 dedo de longo. – Canela en rama: 1 anaco de 1 dedo de longo. – Canela en polvo: media culler pequena para rebozar a leite frita. – 1 ovo para rebozar. – Aceite de oliva moi suave. RECEITA Pon a metade da leite nunha ola coa canela en rama e a casca de limón. Garda o resto do leite. Pon a lume medio-alto e deixa que vaia alcanzando a temperatura ata que estea a punto de ferver. Entón, aparta a ola e apaga o lume. Fóra do lume tapa a ola e deixa o leite coa canela e o limón durante 20 minutos. Cando pasen os 20 minutos, retira a canela en rama e o limón. Pasa a mestura a través dun coador a outra ola limpa, engade o azucre, pon a lume medio-baixo e mestura ben. Saca o leite gardado (a metade que nos quedaba) e disolve nela a maicena. Cando esté ben disolta, engádea á ola co leite quente. Agora remexemos a mestura continuamente a lume medio-baixo ata que espese. Se subes o lume espesará moi rapidamente pero o leite frito terá demasiado sabor a fariña. O mellor é poñer a ola a lume medio-baixo e deixar que a fariña vaia cocendo pouco a pouco e que vaia perdendo o sabor. Dependendo da temperatura do lume, espesar o leite levarache entre...
Top 25 películas de terror favoritas de LUCI

Top 25 películas de terror favoritas de LUCI

1. The Ring.  Gore Verbinski, 2002 2. O exorcista (El Exorcista, The exorcist). William Friedkin, 1973 3. IT. Tommy Lee Wallace, 1990  4. O resplandor (El Resplandor, The shining). Stanley Kubrick, 1980  5. A semente do demo (La semilla del diablo, Rosemary’s Baby). Roman Polanski, 1968    [REC]. Jaume Balagueró e Paco Plaza, 2007  Pesadelo en Elm Street (Pesadilla en Elm Street, A Nightmare on Elm Street). Wes Craven, 1984 The descent. Neil Marshall, 2005  The eye. Oxide Pang Chun e Danny Pang, 2002  O proxecto da bruxa de Blair (El proyecto de la bruja de Blair, The Blair Witch Project). Daniel Myrick e Eduardo Sánchez, 1999  A matanza de Texas (La matanza de Texas, The Texas Chainsaw Massacre). Marcus Nispel, 2003  Insidious. James Wan, 2010  Saw. James Wan, 2004 Silent Hill.Christophe Gans, 2006  A maldición (La maldición, Ju-On: The Grudge) . Takashi Shimizu, 2002  O silencio dos cordeiros (El silencio de los corderos, The Silence of the lambs). Jonathan Demme, 1991  O pobo dos malditos (El pueblo de los malditos, Village of the Damned). Wolf Rilla, 1960 Os outros (Los otros,The others) . Alejandro Amenábar, 2001  Poltergeist. Tobe Hooper, 1982  Zombie: o amencer dos mortos viventes (Zombie: el amanecer de los muertos vivientes, Dawn of the dead) . George A. Romero, 1978  Alien, o oitavo pasaxeiro (Alien, el octavo pasajero; Alien).Ridley Scott, 1979  Os outeiros teñen ollos (Las colinas tienen ojos, The hills have eyes). Alexandre Aja, 2006  Paranormal Activity.Oren Peli, 2007  O sexto sentido (El sexto sentido, The sixth sense). M. Night Shyamalan, 1999  Destino final (Destino final, Final Destination). James Wong,...
AS CROQUETAS DE LUCI

AS CROQUETAS DE LUCI

  Se non sabes que facer de comer, tes de todo un pouco na neveira ou sobrouche moita comida dunha xuntaza familiar, esta é a túa receita: A base das croquetas é a bechamel e para ela precisaremos: 1/2 litro de aceite, 1 litro de leite, 5 culleres de fariña. A bechamel prepárase poñendo un pouco de aceite nunha tixola, tostando a fariña e, sen deixar de remexer, ir engadindo o leite frío ata que quede unha masa ben espesa e sen grumos. Agora vexamos que lles podemos engadir dos restos que gardamos para darlle o noso toque especial ás croquetas: 1. Polo asado e xamón serrano troceados cun pouco de cebola picada. 2. Bonito de lata e pemento vermello asado triturados na batidora. 3. Carne guisada con cenoria e chícharos, todo troceado. 4. Xamón iorque e queixo raiado. 5. Espinacas cocidas trituradas e queixo en porcións. 6. Arroz branco cocido, triturado cunha pouca salsa de tomate e un toque de queixo raiado. 7. Gambas conxeladas e paliños de surimi, todo cocido, escurrido e troceado. 8. Champiñóns troceados con allo e cebola. Cando estea mesturada a bechamel cos ingredentes elixidos, hai que darlles forma, pasalas por fariña, ovo e pan raiado, e fritilas. ****Fonte:...