Luci
Luci é unha muller normal. Ten trinta e sete anos, un posto de traballo nunha das brigadas de mantemento de parques e xardíns da cidade, un piso coa hipoteca a medio pagar, un fillo, un ex-marido e unha irmá coa que fala por teléfono todas as noites. Luci é loitadora e botada para diante. Ten a capacidade de plantar cara ás dificultades da vida e de sacar o positivo das malas experiencias: a separación matrimonial, o irregular rendemento académico do fillo, a adaptación a un xefe novo no traballo, cómo ligar desde que perdiches o costume… É boa xente, alegre, amiga dos seus amigos… pero mellor non lle tires do xenio. Logo se lle pasa, e sabe aceptar con humor que se cadra se trabucou, ou se pasou. Sabe que nin a vida nin ela son perfectas. E menos mal, porque de selo, o mundo sería un lugar do máis aburrido.
Luci é unha comedia realista. O aire documental da súa posta en escena evita a necesidade de decorados e dun aparato de rodaxe complicado, cun protagonismo especial da cidade na que Luci vive e traballa. Elo facilita que as localizacións respiren cotidianeidade, ó igual que as historias, os diálogos e as personaxes.